Concello Virtual
Descarga de impresos
Perfil do contratante
Ofertas de emprego municipais
Ordenanzas e regulamentos
Axudas e subvencións
Directorio municipal
Estadísticas do concello
Enderezos de interese
Actas e acordos
Bandeira e escudo


O Tempo en Cuntis
Cortesía de Meteogalicia

Temperatura ao longo do día
Min. 14 / Max 20

Mañá
Tarde
:: Predicción Completa ::

Planimetría de Cuntis

Planimetría
Planimetría de Cuntis
 Enlaces
Estratexia Galega da Sociedade da Información: Portada
 Buscar no concello

 



Vodas Civís

Nesta sección inclúense todas as xestións necesarias para levar a cabo o teu casamento civil no concello de Cuntis.


Para a celebración do matrimonio civil no Rexistro Civil de Cuntis hai que achegar a seguinte documentación:

1º Certificados literais de nacemento dos contraentes.

  • Fe de vida e Estado dos contraentes.
  • Fotocopia do DNI dos contraentes.
  • Certificados literais de matrimonio anterior, onde conste o divorcio, no caso de ser divorciados.
  • Certificacións de empadroamento. (Solicítanse  no Concello onde consten empadroados).

2º Para tramitar o expediente de matrimonio hai que presentar a anterior documentación nun xulgado de Primeira Instancia, no caso de Cuntis o Xulgado sería o de Caldas de Reis. Este Xulgado é o encargado de autorizar ao noso Xulgado para a celebración do matrimonio.


Datas

Pódese elixir día e hora chamando ao número do Xulgado 986 533 997 ou ben acudindo a este. Nas fins de semana, segundo a dispoñibilidade da Xuíz.


Horario

As cerimonias no Rexistro Civil de Cuntis teñen unha duración de 10-15 minutos e realizaranse no Salón de Plenos do Concello ou na Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres”. Neste último caso sempre reservando con anterioridade.

Calquera día laborábel de 10:00 a 12:00 horas.
Sábados, domingos e festivos, haberá que falar coa Xuíz.

Organización
A organización levarana a cabo os contraentes.


 
 
Concello de Cuntis - Todos os dereitos reservados 2009©
Casa do Concello Praza da Constitución
36670 - Cuntis-Pontevedra
Teléfono: 986 548005 / Fax: 986 533995



O ConcelloAviso Legal Contacto

¡CSS Válido!